Que é VigoSónico

 

Vigosónico é un complexo adicado principalmente ás actividades relacionadas co son, onde os mozos e mozas, poden desenrolar as súas habilidades musicais.

Trátase dun espazo único, amplo e equipado con distintas áreas tanto de formación como de lecer. Tamén conta cun punto de información xuvenil provisto dun taboleiro de información acerca de concertos, actividades de asociacións xuvenís, cursos e obradoiros, bolsas e axudas, etc.

Vigosónico é sen dúbida, un punto de encontro idóneo para a mocidade viguesa onde poden combinar actividades formativas coas de lecer, xa que na súa programación conta con diversos cursos e obradoiros ademais de actividades e eventos coma concertos, ciclos de cine, exhibicións deportivas, etc.

Vigosónico está enfocado prioritariamente á mocidade viguesa entre os 13 e os 30 anos, desenvolvendo un programa de actividades gratuítas.

As súas instalacións contan con 5 salas de ensaio completamente equipadas para grupos e/ou solistas con: batería, amplificadores, mesa de misturas, microfonía,etc.

Ademais conta con tres salas máis: unha equipada para Dj e dúas para formación musical e unha sala de gravación para a aprendizaxe e realización de traballos profesionais.

Zona exterior

Ademais dos espazos interiores, hai unha terraza exterior así como varias pistas deportivas que permiten realizar actividades de ocio e deporte o aire libre. Todo este espazo e o seu equipamento constitúe un punto de encontro para a mocidade viguesa onde poder expresar a súa creatividade

Zona de lecer

É un espazo recreativo para que os mozos e mozas de Vigo poidan disfrutar xogando ó futbolín, ping-pong, xogos de mesa, dardos, etc. Conta tamén cunha zona de cafetería con mesas e máquinas expendedoras.