Votacións concurso Vigo en Vivo

Concurso Vigo en Vivo: Vídeos das actuacións.

 

CONCERTOS DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019. Concellería de Xuventude.

A Concellería de Xuventude está a desenvolver na cidade o“Concurso de música Vigo en Vivo 2019” co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espíritu creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nun espazo emblemático da nosa cidade.
No desenrolo deste concurso contémplase unha fase de celebración de concertos na rúa a partir da que se realizarán votacións a posteriori que permitirán elixir aos gañadores.

O lugar elixido para realizar ditos concertos é a Praza da Constitución en Vigo.
O calendario previsto de celebración de ditos concertos é o seguinte: Días 13 e 14, 20 e 21 de setembro. E o día 27 de setembro. Dende as 20,00hs.

Cada grupo deberá tocar, como mínimo, un tema propio e 3 cover, cunha duración máxima de entre 15/20 minutos de duración. O tema propio de cada grupo será gravado e subirase á web de
vigosonico.org.
Unha vez subidos todos os temas abrirase unha rolda de votacións popular a través da web vigosonico.org. Os votos dos e das usuarios/as terán un valor do 50% e, o outro 50% corresponderá a un xurado formado por persoas relacionadas e recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da
música.
Desta rolda de votacións sairán os 6 finalistas que tocarán nunha gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.

Dia 13 

  • Rusty bones
  • Tai G
  • Maria Canosa
Invitado y jurado- Maldito Murphy grupo 

Dia 14

  • Tinta 
  • Lyer & Dj Mirage
Invitado y jurado-Frans Bansfield 

Dia 20

  • Dioivo
  • Purplefly
  • Blue Sunflowers
Invitados y jurado-Daniel Rodriguez Dj 

Dia 21

Pola previsión de mal tempo o sábado múdanse as actuacións ao LUNS 23

  • Marlowe
  • Ronseya
  • Grupo NÓS sustitúe por Duryzzz
Invitado y jurado: Jacobo Sainz

Dia 27

  • Ensamble Verxel
  • Keren Hapuc
  • Ash Santos
Invitado y jurado-Mon Band 

CONCURSO DE MÚSICA VIGO EN VIVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO  ATA O 30 DE AGOSTO (incluído)

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo.

Preténdese fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

* Poderán participar no concurso grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, a lo menos, o 50% dos e das compoñentes deberán estar empadroados no Concello de Vigo.

* A lo menos un 75% dos e das compoñentes do grupo deberán ter entre 14 e 35 anos de idade máximo.

* Non poderán ter ningún traballo publicado con anterioridade en ningunha plataforma de difusión de contido audiovisual de carácter profesional.

* No caso de menores de idade deberán axuntar a correspondente autorización paterno/materna.

Bases do concurso

Inscríbete en:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

VimanGo Superheroes e Superheroínas 2019

A fin de semana do: sábado 13 e domingo 14 de xullo, VigoSónico acollerá o evento VimanGo Superheroes e Superheroínas 2019 que organiza a Asociación Androide 42. Con entrada libre é gratuíta para mocidade de 13 a 30 anos.

ACTIVIDADES.

CONCURSOS:

  • CONCURSO DE COSPLAY
  • CONCURSO DE TRIVIALS
  • CONCURSO DE BAILE IDOL / KPOP

TORNEOS:

  • TORNEO INJUSTICE 2
  • TORNEO SUPER SMASH BROS

KPOP.

Zona adicada ao K-POP, onde disfrutaredes das actividades que realizarán as mozas de Oh my girl Spain.

XOGOS DE MESA.

CHARLAS. Perfís psicolóxicos de heroes e viláns.

STANDS CON DISTINTAS TEMÁTICAS.

Servizo de VITRASA:

Horario sábado con 2 viaxes de súbidas e 1 de baixada :

· 11:20h (mañá) e outro as 16:00h e baixada as 21:30h.

Horario de domingo:

Súbida ás 16:00h. e baixada ás 21:30h.

Paradas co seu horario

  • Saídas Farola Urzáiz ás 11:20 , 16 h. do sábado e 16h. do domingo
  • Gran Vía: Parada en antiguo Cluny. 11:22 y 16:02
  •  Praza de España: 11:25 y 16:05
  • Gran Vía parada entre rúa Tarragona e Salamanca: 11:27 y 16:07
  • Avda. Castrelos: Parada diante do Pavillón de Deportes das Travesas: 11:30 e 16:10
  •  Avda. Castrelos: Parada diante do Parque de Castrelos: 11:32 e 16:12

Horarios e localización das actividades: