Destacado

Peche preventivo co obxecto de previr contaxios do virus Covid-19

Última hora:

Anticipase o peche ao sábado 14 de marzo que xa estarán pechadas as instalacións.

Co obxecto de previr, na medida das nosas posibilidades, contaxios do virus Covid-19 na nosa cidade, e facendo un exercicio de responsabilidade, comunicamos que as instalacións de Vigosónico permaneceran pechadas ao público, dende o 16 de marzo, ata novo aviso.

Programación decembro 2019

Decembro 2019

Galibatle 2019: xornada convivencia, jam e conferencias: venres 20 de decembro de 17 a 21h.  + información

  • Obradoiro de sonorización de concertos: sábado 21 e domingo 22 de decembro de 17 a 20hs.
  • Obradoiro de iniciación DJ: venres  27 de decembro de 17 a 19h.
  • Curso de gravación e edición de son en estudio: Sábado 28 e domingo 29 de decembro de 2019 en horario de 17 a 20h.

Prazas limitadas, preinscríbete en: aquí

Concerto Sónico: 22 de decembro ás 18h.

 

Galibatle 2019: xornada convivencia, jam e conferencias

O vindeiro día 20 de decembro terá lugar nas instalacións de VigoSónico unha xornada da Galibatle 2019 que organiza a Asociación Galirockers con charlas e convivencia, ese venres 20 de decembro, de 17:00 a 21:00hs.
A tarde basearase principalmente nunha charla dos integrantes do grupo, na que contarán a súa experiencia como bailarins e como o baile os influiu coma persoas.
Faranse distintos xogos relacionados co baile e haberá moita música e diversión.
Entrada de balde e aberta até encher o aforo do salón multiusos (99persoas).

Gañadores/as do Concurso “Vigo en Vivo 2019”

Despois do concerto da Gala final do sábado 5 de outubro celebrado na Praza da Constitución o resultado final do Concurso foi:

1º Posto e grupo gañador do concurso. Premiados/as coa gravación de 3 maquetas en Vigosónico e realización dun videoclip do tema que elixan:

TINTA

2º Posto. Premiados/as coa gravación de 2 maquetas en Vigosónico

MARLOWE

3º Posto. Premiados/as coa gravación de 1 maquetas en Vigosónico:

TAY G

Fotos da final realizadas por Lalo Villar :

 

 

Finalista Concurso “Vigo en Vivo 2019”

CONCURSO VIGO EN VIVO. 2019

Como resultado da derradeira rolda de votacións (combinado de votacións vía web vigosonico.org e as do xurado) saíron os 6 finalistas que tocarán na gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.

O concerto da Gala final será este sábado 5 de outubro ás 20,30hs na Praza da Constitución.

FINALISTAS PARA A GALA FINAL DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019:

  • PURPLEFLY
  • TINTA
  • TAI G
  • ENSAMBLE VERXEL
  • MARLOWE
  • LYER & DJ MIRAGE